As racións e tapas que se serven, son un vivo exemplo de cociña tradicional galega. As especialidades da casa van desde o polbo á feira ata a lingua estofada, pasando polos calamares fritidos, as ameixas á mariñeira… A materia prima da súa cociña chega na súa maioría da propia enseada de Bueu ou da súa frota pesqueira.
Segundo as existencias da lonxa local, tamén se pode gozar de peixe espada, acedías, chinchos, xureliños, sardiñas e xoubas, entre outros peixes. No relativo á carne, a tenreira e o porco pódese consumir nunha gran diversidade de formas: bistés, filetes, zorza…
Os domingos, o tradicional é acompañar o viño con unhas tapas de callos.
martes, 26 de mayo de 2009
Tapas e viños
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario