miércoles, 1 de julio de 2009

VIII Festival Retrouso


O sábado 11 de xullo fará presentacion o oitavo Festival Retrouso con 3 grupos folcloricos e actuacion do grupo anfitrion Retrouso.
O festival comezará as 21:00 horas e a partir das 22:30 horas todos a botar un baile no adro de cela.

domingo, 14 de junio de 2009

Festa amenizada por Retrouso

Este sabado viñeron a cear a Agrupacion Folclorica Retrouso de Cela, despois de celebrar un concerto de acordeon no centro de xubilados de Bueu, e despois de cear como non, sairon a rua a cantar,tocar e incluso lle botaron uns bailes.
video

jueves, 11 de junio de 2009

Corpus Christi en Bueu


Este domingo dia 14 de xuño celebrase a tradicional festa de Corpus, as ruas da vila, adornanse de flores, centeo, cafe, etc...
A partir das 20:00h verbena na zona do porto coas actuacion das orquestas

  • Ciudad Cristal
  • Distrito 7
P.D. A alfombra da foto foi tomada na igrexa de Santa Maria de Cela

miércoles, 3 de junio de 2009

Patinaxe artistica


Campionato de Niveis

Pavillón Municipal de Bueu
6 e 7 de Xuño 2009
Fase Autonóminca

martes, 26 de mayo de 2009

Tapas e viños

As racións e tapas que se serven, son un vivo exemplo de cociña tradicional galega. As especialidades da casa van desde o polbo á feira ata a lingua estofada, pasando polos calamares fritidos, as ameixas á mariñeira… A materia prima da súa cociña chega na súa maioría da propia enseada de Bueu ou da súa frota pesqueira.

Segundo as existencias da lonxa local, tamén se pode gozar de peixe espada, acedías, chinchos, xureliños, sardiñas e xoubas, entre outros peixes. No relativo á carne, a tenreira e o porco pódese consumir nunha gran diversidade de formas: bistés, filetes, zorza…
Os domingos, o tradicional é acompañar o viño con unhas tapas de callos.

Presentación

O’Lambedeiro do Viño é un dos locais de viños e tapas máis antigos da vila mariñeira de Bueu. Situado en pleno centro urbano, ao lado do mar, as súas especialidades son os viños do país e os produtos mariños da ría de Pontevedra.


O’Lambedeiro do Viño leva ofrecendo viños e pratos tradicionais desde o ano 1973.
Ten capacidade para 80 clientes, con dous comedores e unha ampla barra.

O seu espírito é manter vivo o ambiente mariñeiro e rural que lle deu vida.
O’Lambedeiro é o lugar indicado para coñecer todos os detalles do coñecido viño Tinta Femia de Cela, acompañado das tapas da cociña tradicional, tanto carnes coma en produtos do mar.